miércoles, 29 de julio de 2009

Gaivotas cabecinegras na praia da Xunqueira


Na praia da Xunqueira (concello de Moaña, Pontevedra) o redor de 30 exemplares de Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) ocupaban a zona intermareal. Localicei 4 anelas plásticas (2 brancas e 2 verdes) e 2 anelas metálicas (sen completar a lectura).



0;0/α;V[3JE5]↑ en plumaxe de Adulto inv., anelado como polo o 26/05/2002 en Antwerpen, Bélxica por Guido Goris. A miña primeira observación desta gaivota foi o 08/02/2005 na zona de Punta Balea (concello de Cangas, Pontevedra), dende entón é unha das asiduas da ría de Vigo.



Outra fotografía de 3JE5, esta vez acompañada por dous Carráns cristados (Sterna sandvicensis).



0;V[3HW5]↑/α;0 en plumaxe de Adulto inv., anelado como polo o 26/05/2002 en Antwerpen, Bélxica por Camille Duponcheel. Dende setembro de 2003, observámola con asiduidade na Xunqueira.



A anela plástica de 3HW5 está rota, e só son visibles dúas inscricións. A fotografía superior foi realizada o 16 de xullo (aínda coa plumaxe estival completa) e nela podemos comparar a evolución da muda corporal desta gaivota.



0;α/0;B[38J4]↑ Adulto inv., anelado como adulto o 14/05/2007 en Antwerpen, Bélxica por Guido Goris.



0;α/0;B[35K3]↑ en plumaxe de Adulto inv. Este exemplar observeino por vez primeira o 11/07/2009 polo que aínda non teño os datos do historial. Probablemente anelada por Camille Duponcheel.

Un saúdo.