miércoles, 16 de junio de 2010

Programa de charlas da feira Alternalia


Os vindeiros días 21 e 23 de xuño, están programadas as seguintes charlas de temática ambiental, con motivo da celebración da feira de bioconstrución, enerxías renovables e ecoloxía “Alternalia”. Organizado pola concellería de Medioambiente do concello de Moaña.

LUNS, 21 DE XUÑO:
19:30 H. "Proxectos de autoxestión de residuos orgánicos"
Domingo Pérez. Equipo de Ecoloxía do Solo e Biotecnoloxía Ambiental Dep. Ecoloxía e Bioloxía Animal Facultade de Bioloxía Universidade de Vigo
20:30 H. Proxecto piloto de compostaxe caseira e comunitaria na mancomunidade do Morrazo
María Rodríguez Lafuente. Coordenadora dos programas de compostaxe e vogal de residuos de ADEGA.
MÉRCORES, 23 DE XUÑO

19:30 H. “A avifauna na zona intermareal da Xunqueira”.
Alberto Pastoriza Barreiro. Técnico Superior Recursos Naturais e Paisaxísticos (Grupo de anelamento ANDURIÑA)
20:30 H. “Cetaceos nas costas de Galicia”
Francisco Javier Turnes Díaz. Educador Medioambiental (CEMMA).
Lugar: Edificio na avda. Concepción Arenal 170, Moaña, Pontevedra.

No hay comentarios: